🎶XV CICLO MUSICAL BMS🎶

O sábado 9 de xullo 🗓️ ás 20:30 🕣 terá lugar na Praza de Santa María 📍 o primeiro concerto do noso ciclo musical da man da Banda Xuvenil de Salcedo, xunto á Banda Infantil da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia.

A continuación, o sábado 16 de xullo 📆 actuará a Banda de Música de Salcedo acompañada da Banda de Música Unión de Lantaño na mesma Praza de Santa María 📍 ás 20:30 🕣.

Para finalizar este ciclo, a Coral Polifónica de Salcedo realizará un concerto en colaboración coa Coral Polifónica O Son dos Cantares de Mos e a Coral Voces Amigas de Moraña, o domingo 17 de xullo 📅, tamén ás 20:30 🕣, na Casa Verde de Salcedo 📍.

Non volos podedes perder, agardámosvos! 🤗

 

 

CAMPAMENTO DA BANDA XUVENIL DE SALCEDO EN MONDARIZ

Anterior

XV CICLO MUSICAL BMS – CORAL POLIFÓNICA DE SALCEDO

Seguinte
Login/Sign up