Como en todo proxecto que se prece, as cousas deben comezarse ben dende o principio e esa foi a máxima dos pais e nais que apostaron pola creación no ano 1988 dunha Escola de Música que fomentase un lecer lúdico-formativo na parroquia de Salcedo. As actividades comezaron con cinco mestres que foron medrando co tempo ata un total de dezaseis na actualidade. Deste xeito, podemos contar cunha grande oferta educativa que pasa polas disciplinas de:
En canto ao alumnado, o seu número foi medrando dende os 25 no ano 1988 ata máis de 200 que hai na actualidade. Conscientes da importancia de ter unha boa base de alumnos e alumnas na escola, o principal obxectivo este ano, e de seguro no futuro, será o de potenciar a actividade de Música e Movemento, co fin de aumentar o número de alumnos e alumnas e de futuros e futuras músicos que formen parte da Asociación.
Hoxe en día, a Escola de Música da Asociación posúe máis de 200 alumnos e dende o curso 2007/08 forma parte da rede de escolas de Música da Xunta de Galicia.
No ano 2004 creouse a Banda Xuvenil de Salcedo como paso previo dos alumnos e alumnas antes de recalar na primeira agrupación, a BMS. Por outra banda, o 2007 foi o ano da creación da Coral Polifónica, que fixo a súa presentación o 27 de xuño de 2008 no auditorio do Fogar da 3ª idade de Campolongo e o proxecto máis novidoso foi a creación da Banda Infantil de Salcedo, en xaneiro de 2012, formada por aqueles xoves músicos menores de 12 anos.
No curso 2017 – 2018 crease o Coro de Nenos/as da Escola de Música de Salcedo que continúa crecendo hoxe en día.