A

A Banda de Música de Salcedo (BMS) nace no ano 1988 por iniciativa da Asociación Músico-Cultural “San Martiño”, facendo a súa presentación en novembro de 1989 nas festas patronais de Salcedo, baixo a batuta do mestre D. José Bugallo Senra. Paralelamente creouse a Escola de Música de Salcedo (EMS), que se centraría na preparación musical dos mozos e mozas músicos. En 1990 asume a dirección da banda D. Vicente Paniagua Conejero, que estará ao fronte da agrupación ata o ano 1992, no que foi relevado por D. José A. Rey Alonso.

A comezos de 1997 faise cargo da dirección o mestre D. José Manuel Collazo Verde que se fará cargo da BMS durante cinco anos, período no cal a banda obtén grandes éxitos musicais e consegue un posto destacado dentro da realidade bandística galega. Dende o ano 2002 ata finais de 2006, a BMS é dirixida por D. Luís A. González Amosa, onde se consolida a traxectoria da agrupación.

En novembro de 2006 faise cargo da dirección de la BMS o mestre D. Fernando Raña Barreiro quen culmina a súa etapa a finais do 2010 tras obter o 1º Premio no X Certame Provincial de Bandas de Música Deputación de Pontevedra.

Durante o primeiro semestre do 2011 é o mestre D. José Alfredo Sánchez Murcia quen se fai cargo da batuta da BMS, ata o mes de xullo en que se incorpora D. Andrea Loss, gañador do proceso de selección realizado nos meses anteriores. Coa pronta marcha de Andrea Loss, en febreiro do 2012 vólvese facer cargo da banda o mestre D. José Alfredo Sánchez Murcia quen continúa no posto ata finais do ano 2014. Dende o mes de xaneiro do 2015 é director titular da Banda de Música de Salcedo o mestre D. Marcel Van Bree, contando cun equipo de 84 músicos.

Actualmente, a dirección tanto da Banda de Música de Salcedo como da Banda Xuvenil de Salcedo está a cargo do mestre D. Alfredo Sánchez Seara.

Numerosos foron os directores convidados que dirixiron a BMS, entre os que poderiamos citar a: José R. Pascual Villaplana, Franco Cesarini, así como o propio Marcel van Bree, entre outros.

Da BMS xurdiron mozos e mozas que actualmente son músicos profesionais e que se dedican á interpretación e/ou á docencia musical, dando a coñecer a nosa agrupación musical por infinidade de lugares.

Actuacións relevantes

  • Actuacións ofrecidas nos municipios portugueses de Barcelos, Trofa e Tomar nos anos 1999, 2000 e 2002; esta última enmarcada na celebración do V Festival Internacional de Música dos Templarios.
  • Día da Comunidade Galega en Alcobendas así como a actuación no Auditorio da Cidade de Parla, en Madrid, no ano 2000.
  • Outubro de 2005 a BMS participa como Banda invitada no V Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”
  • Festival de Bandas de Música “Vila de Luarca” en Asturias, en agosto de 2006.
  • Verán do 2008 actúa co artista da copla española Manolo Escobar, en Portonovo.
  • En xullo de 2008 viaxa a Valencia para realizar un concerto no auditorio do Centro Instrutivo da Unión Musical de Bugarra.
  • Curso de dirección de Banda “BMS”, no cal se contou cos mestres José Rafael Pascual Vilaplana e Franco Cesarini, que dirixiron a banda nos respectivos concertos de clausura, en outubro de 2008 e 2009.
  • En xullo de 2011 participa no 14º Festival Internacional de Bandas Ciudad de Besana in Crianza (Milán – Italia)
  • Concertos con María do Ceo en agosto de 2013 na praza da Ferrería de Pontevedra.

Premios e galardóns

  • Segundo Premio absoluto, sección segunda, I Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”, (2001)
  • Segundo Premio “ex aequo”, sección segunda, II Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”, (2002)
  • Medalla de Ouro “Amigos de Pontevedra”, (2002)
  • Segundo Premio “ex aequo”, sección terceira, CXVII Certame Internacional de Bandas de Música “Ciutat de València”, (2003)
  • Premio “Cidade de Pontevedra” 2003 na modalidade de persoa xurídica.
  • Primeiro Premio e Mención de Honra, sección primeira, IV Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”, (2004)
  • Terceiro Premio absoluto, sección única, LVII Certame Nacional de Bandas de Música “Ciutat de Cullera”, (2005)
  • Primeiro Premio absoluto, sección segunda, CXIX Certame Internacional de Bandas de Música “Ciutat de València” coa máxima puntuación da categoría, (2005)
  • Terceiro premio absoluto, sección primeira, VII Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”, (2007)
  • Terceiro premio absoluto, sección primeira, I Certame Galego de Bandas de Música “Xunta de Galicia”, (2007).
  • Primeiro premio, sección primeira, X Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra”, (2010)
  • Primeiro premio absoluto, sección primeira, VII Certame Galego de Bandas de Música Populares de Galicia, (2013), coa máxima puntuación da 1ª categoría.