A Asociación Músico-Cultural San Martiño nace no ano 1988, promovida por un grupo de pais e nais de Salcedo que quixeron dotar a esta parroquia pontevedresa dunha sinal de identidade propia.
Unha dobre finalidade motivou inicialmente a este colectivo, sendo por un lado, a intención de xerar para os nenos e nenas unha oferta de ocio lúdico-formativa para o seu tempo libre e, por outro, a creación dunha Banda de Música.
Legalmente constituída a entidade, dende este momento comeza a funcionar a Escola de Música, centrada durante os primeiros anos na formación musical daqueles pequenos que farían a súa presentación oficial como Banda de Música en novembro de 1989.
Extracto da acta fundacional e solicitude de rexistro no Goberno Civil: Xunta Directiva: Presidente: D. Ramiro Martínez Fraga Vicepresidenta: D.ª Dolores Cortegoso Suárez Secretaria: D.ª María Elena Mariño Gil Vicesecretario: Dna. Ermitas Pastoriza López Tesoureiro: D. Carlos Rodríguez Orozco Vogal: D.ª Carmen Domingo Ríos Vogal: D. Enrique Pazos Orozco Vogal: D. Marcial Cortegoso Suárez Pontevedra, 6 de agosto de 1988. |
Trinta anos despois, en constante afán de superación, a traxectoria deste gran proxecto non deixou de crecer, feito que queda cumpridamente acreditado coa gran cantidade de premios e galardóns recollidos coa Banda en numerosos concursos e certames, e o recoñecemento e prestixio de que goza a súa escola, formando parte dende xullo de 2007 da Rede de Escolas de Música concertadas pola Xunta de Galicia.
Dende a súa creación, moitos foron xa os presidentes coas súas respectivas xuntas directivas que dedicaron o seu tempo e puxeron o seu empeño na organización e desenvolvemento desta institución:
- D. Ramiro Martínez Fraga 1988 –1992
- D. Manuel Vicente García 1992 –1994
- D. Carlos Rodríguez Orozco 1994 –1996
- D. José Moreira Pazos 1996 –1998
- D. Esclavitud Vicente García 1998 –2005
- D.ª Marco Rodríguez Filgueira 2005 –2006
- D. Francisco Javier Lavía Fontán 2006 –2008
- D. Victor Cortizo Fontán 2008 –2009
- D. Domingo Álvarez Abalde 2009 –2010
- D. Pablo Fernández López 2010 –2011
- D. Javier Aperador Prieto 2011 –2013
- D. Domingo Álvarez Abalde 2013 –2015
- D. Manuel Gálvez Cabezudo 2015 –2016
- D. Victor Cortizo Fontán 2016 –2019
- D.ª Noelia Fraga Rivera 2019 –2021
- D. Jorge Manuel Carballo Lareu 2021 –
Na actualidade a Asociación Músico-Cultural San Martiño é un amplo colectivo que forma unha gran familia musical constituída pola Banda de Música de Salcedo, a Escola de Música de Salcedo, a Banda Xuvenil de Salcedo, a Coral Polifónica de Salcedo e o Coro de Nenos/as de Salcedo.