
A Banda Xuvenil de Salcedo (BXS) nace no curso escolar 2004/2005, por iniciativa da Asociación Músico-Cultural San Martiño (AMCSM), como paso previo do alumnado da Escola de Música de Salcedo (EMS) para pasar a formar parte da Banda de Música de Salcedo (BMS).
A BXS realizou a súa presentación oficial en xullo do ano 2006 no I Ciclo de Bandas BMS, na Praza do Teucro de Pontevedra, baixo a dirección do mestre D. Luís A. González Amosa.
A principios do curso 2006/2007 ocupouse da dirección da BXS D. Javier Rodríguez Filgueira, ata que en marzo de 2007 foi relevado por D. José Ignacio García González. Durante este período foron numerosos os rapaces e rapazas que participaron e pasaron a formar parte, posteriormente, da BMS, onde continúan hoxe en día.
En xaneiro do ano 2010, D. José Manuel Collazo Verde, quen continúa na actualidade vinculado ás nosas agrupacións, colleu o temón da banda xuvenil. Dende este momento, a banda comezón a participar conxuntamente coas outras agrupacións da asociación, a Coral Polifónica de Salcedo (CPS) e a BMS, nos emblemáticos concertos de Santa Icía e Nadal, entre outros.
Un ano despois faise cargo da batuta da agrupación D. Alfredo Sánchez Seara quen, tras unha breve paréntese, continúa como director da agrupación ata 2015. Durante o seu período como director realizáronse numerosos concertos temáticos e a banda continuó co seu crecemento artístico.
En abril de 2015, a BXS fixo a presentación do seu novo director, D. Marcel van Bree, realizando unha xira de concertos na Comunidade de Madrid nos auditorios das cidades de Aranjuez e Alcobendas.
Anos máis tarde, a finais de 2021, retoma a súa actividade como director da banda D. Alfredo Sánchez Seara, quen continua actualmente no cargo.
Así e todo, dende os seus comezos, a Banda Xuvenil de Salcedo foi partícipe de numerosos concertos didácticos no ámbito municipal de Pontevedra, así como de xuntanzas xuvenís dentro da provincia e intercambios con outras bandas, co que manteñen o seu espírito de aprendizaxe e formación como «canteira» de músicos para a BMS.

