BandaBandaconcertosGaleríaImaxesImaxes e vídeosNovasPortada

CONCERTO DIDÁCTICO DA BMS NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

CONCERTO DIDÁCTICO DA BANDA DE MÚSICA DE SALCEDO 2022

O xoves 22 de setembro a Banda de Música de Salcedo realizou dous concertos didácticos no Pazo da Cultura contando coa participación de diferentes colexios da contorna.

Nel, o alumnado puido descobrir e coñecer os diferentes instrumentos que compoñen as bandas de música e escoitar, de maneira individual, unha melodía de cada un deles. Ademais, puideron desfrutar de diferentes bandas sonoras e melodías moi recoñecidas por eles e elas.

Por outra banda, tanto o director da nosa Escola de Música de Salcedo, Pablo Cabanelas, e o noso director de ámbalas bandas (Banda de Música de Salcedo e Banda Xuvenil de Salcedo), Alfredo Sánchez, como diferentes alumnos e alumnas que participaron no concerto, foron entrevistados pola Televisión de Galicia.

Deixámosvos algunhas imaxes e vídeos da ocasión, foi un pracer poder realizar este concerto. Esperamos repetilo o ano que vén!

RECITAL DE SAMAÍN NA EMS 2022

Anterior

Sincroniza o teu calendario

Seguinte
Login/Sign up