O sábado, día 4, a Banda Xuvenil de Salcedo ofrecerá un concerto no Teatro Principal de Pontevedra. A partir das 20:30 h. cando, baixo a batuta do Mestre Alfredo Sánchez, a BXS interpretará diferentes bandas sonoras de películas como Parque Jurásico, La vida es bella, Por un puñado de dólares ou El último Mohicano.
Máis dunha hora de concerto que se encadra dentro dos actos conmemorativos do XXV aniversario da Asociación Músico Cultural San Martiño.
O acceso será gratuíto ata completar aforamento.